Para mellorar a calidade dos servizos que se lle prestan ao cidadán é preciso coñecer como se
prestan, cales son as boas prácticas de xestión e cales son os aspectos desta que é necesario
modificar, co fin de mellorar o rendemento das organizacións que os xestionan e dispensan. Por
isto, a avaliación da calidade dos servizos ofertados pola Administración converteuse nun elemento
esencial para lograr unha Administración que saiba responder aos retos derivados da transformación
da sociedade ás demandas dos cidadáns, situándoos no centro das súas decisións.
Existen diferentes tipos ou mecanismos de retroalimentación segundo a dimensión organizativa
ou criterio utilizado, como, por exemplo, o control económico-financeiro, o control de xestión ou a
avaliación da calidade/excelencia. Esta última céntrase no diagnóstico integral dos procesos e os
resultados da organización sobre todos aqueles grupos que teñen interese na mesma.
As organizacións que constitúen a Administración Xeral do Estado someterán as súas
actividades e resultados a unha avaliación conforme aos modelos de xestión de calidade establecidos
na Resolución do 6 de febreiro de 2006, da Secretaría Xeral para a Administración Pública, pola que
se aproban directrices para o desenvolvemento dos programas do marco xeral para a mellora da
calidade establecido no Real Decreto 951/2005, do 29 de xullo, co fin de dispor da información
relativa ao nivel de calidade ofrecido aos cidadáns. Devandita avaliación articúlase en dous
niveis: autoavaliación e avaliación externa.
Para a súa posta en práctica existen diversos modelos de xestión recoñecidos:
* O Modelo EFQM de Excelencia.
* O Marco Común de Avaliación, CAF.
* O modelo de Avaliación, Aprendizaxe e Mellora EVAM, deseñado polo MAP e desenvolvido pola
Axencia de Avaliación e Calidade.
Os órganos da Administración Xeral do Estado, dos seus Organismos autónomos e das Entidades
Xestoras e Servizos Comúns da Seguridade Social seleccionarán como referencia para a avaliación da
súa calidade, de entre estes modelos, o máis axeitado á súa situación e necesidades.


DEPARTAMENTO DE CALIDADE DOS SERVIZOS