O Observatorio da calidade dos servizos públicos proxéctase como unha plataforma de información e participación cidadá no deseño dos servizos públicos que ten como finalidade:
- Analizar a calidade dos servizos públicos desde a perspectiva dos cidadáns, propondo iniciativas xerais de mellora.
- Realizar estudos en profundidade dos servizos públicos de maior demanda cidadá ou relevancia social en cada momento.
- Facilitarlles aos cidadáns información global sobre a calidade dos servizos.
- Articular un foro de participación cidadá.
A razón de ser do Observatorio é proporcionar unha visión integral do funcionamento dos Servizos Públicos, elaborada coa participación dos distintos actores concernidos por eles e que se ha de publicitar e difundir a todos os grupos de interese na materia, especialmente os cidadáns.
Con esta finalidade, o Observatorio recompilará a información procedente da aplicación dos
programas do marco xeral para a mellora da calidade, datos relacionados co grao de implantación e
impacto dos programas transversais contemplados no Plan Moderniza: (administración electrónica,
simplificación administrativa, redución de cargas administrativas para a creación e establecemento
de empresas, etc.) ou relacionados co impulso da sociedade do coñecemento e a mellora da
competitividade, datos de órganos e organismos públicos prestadores dos servizos públicos de maior
demanda ou relevancia social que sexan obxecto dunha análise máis pormenorizado, información
achegada polos axentes socioeconómicos e organizacións e asociacións relacionadas coa calidade e
excelencia na xestión e estudos de opinión cidadá sobre os servizos públicos realizados mediante
Convenio co CIS, así como outros datos relevantes para a avaliación do funcionamento e da calidade
na prestación de servizos públicos.
Así mesmo incorporará as inquietudes cidadás sobre asuntos de interese ou actualidade en
relación cos servizos que se poñan de manifesto en distintos foros e en particular no espazo de
participación creado a tal efecto nesta páxina web.
Finalmente, coa información obtida, elaborarase un Informe sobre a calidade do conxunto dos servizos públicos. Este informe que integrará e analizará a información contemplada nos puntos sinalados anteriormente, e elaborarase, presentarase e difundirase anualmente. Ademais de conclusións, o informe incluirá recomendacións e propostas de mellora en relación co funcionamento dos servizos públicos xa que se concibe como un instrumento que proporcione información relevante para quen han de adoptar decisións nesta materia.
Periodicamente publicaranse os resultados das análises realizadas.


DEPARTAMENTO DE CALIDADE DOS SERVIZOS