Entre as experiencias avaliadoras máis destacadas na Administración Xeral do Estado (AGE)
atópanse as centradas en políticas sociais, sanitarias, educativas e tecnolóxicas, preocupadas pola
eficacia dos programas e o seu impacto social e/ou calidade dos servizos prestados, todas elas de
ámbito sectorial e especializado. É o caso dos traballos realizados en materia educativa por ANECA
- Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e a Acreditación - e o Instituto de Avaliación (antigo
INECSE), pola Axencia de Calidade do Sistema Nacional de Saúde en materia sanitaria, polo INEM e o
Servizo Público de Emprego Estatal en materias laborais e de emprego, pola ANEP – Axencia
Nacional de Avaliación r Prospectiva - no sistema público de ciencia e tecnoloxía e de proxectos de
I+D+i, ou pola Dirección Xeral de Planificación e Avaliación de Políticas de Desenvolvemento en
materia de cooperación internacional ao desenvolvemento.
Non hai que esquecer, así mesmo, as valiosas achegas doutras institucións públicas e privadas
que desenvolven labores relacionados coa avaliación (Sociedades de avaliación, Institutos de
investigación, Universidades…) e as actividades de avaliación desenvolvidas por algunhas
Comunidades Autónomas e pola Administración local.
Existen ademais, entre outras, as seguintes experiencias de referencia:

DEPARTAMENTO DE AVALIACIÓN