A avaliación de políticas públicas e programas atópase habitualmente suxeita a distintas formas
de autorregulación. Adoptou en diferentes países e organizacións a forma de regras ou preceptos que
se acostuman denominar de forma xenérica como “códigos”.
O primeiro código aprobado en materia de avaliación foi o del Joint Committee for Educational
Evaluation de Estados Unidos, que data do ano 1981 (posteriormente actualizado en 1994) e constitúe
un primeiro referente histórico de gran influencia e difusión.
Outras denominacións comunmente empregadas para referirse aos códigos son principios,
estándares e orientacións. Cada unha presenta pequenas variacións de matiz:
- Principios (principles): Referidos tanto a como se deben comportar os avaliadores como aos atributos (menos detallados que os estándares) que debe cumprir unha avaliación. Esta denominación é utilizada polas Asociacións americana e francesa de avaliación e pola OCDE.
- Estándares (standards): Atributos que debe ter e cumprir unha boa avaliación. Son máis detallados que os principios. Esta denominación é a utilizada polo Joint Committee, as asociacións alemá e suíza de avaliación e a ONU.
- Orientacións (guidelines): Receitas para o cumprimento de principios e estándares, é dicir, como cumprilos. Denominación empregada polas asociacións e sociedades de Italia, Reino Unido, África, Australia, Canadá e polo Programa de Nacións Unidas para o Desenvolvemento (PNUD).
No caso da ONU, ademais dos seus propios estándares, conta con outros documentos nos que se
refire ao termo “normas” (norms): Norms for Evaluation in the UN System, 2005.
Algúns dos principais códigos de avaliación en vigor son os seguintes:
- Guidelines for Good Practice in Evaluation.United Kingdom Evaluation Society. Reino Unido. 2003
- Evaluation Standards.German Evaluation Society (Degeval). Alemaña. 2001.
- Evaluation Standards. Swiss Evaluation Society. Suiza. 2001
- Linee Guida per un Codice Deontologico del Valutatore. Associazione Italiana di Valutazione. Italia.
- La Charte de l´évaluation des politiques publiques et des programmes publics. Société française de l’évaluation. Francia. 2006.
- Guidelines for the Ethical Conduct of Evaluations. 2002.Code of Ethics. 2000. Sociedad Australasiática de Evaluación. Australia-Nova Zelanda
- The African Evaluation Guidelines. African Evaluation Association. Varios países. 2002
- Guidelines for Ethical Conduct /Lignes directrices de la SEÉ en matière d’éthique. Sociedade Canadense de Avaliación.1996
- Guiding Principles for Evaluators. American Evaluation Association. EE.UU. 2004
- Program Evaluation Standards. 1994.Personnel Evaluation Standards. 1988. Joint Committee for Educational Evaluation. Western Michigan University. EE.UU.
- Evaluating EU Activities: A Practical Guide for the Commission Services. Comisión Europea. Dirección Xeral de Orzamentos. 2004
- Review of the DAC[1] Principles for Evaluation of Development Assistance. 1998. DAC Evaluation Quality Standards (test phase) 2006.OCDE
- Norms for Evaluation in the UN System. ONU. 2005. Standards for Evaluation in the UN System
United Nations Evaluation Group. ONU.2005
--------------------------------------------------------------------------------
[1]Development Assistance Committee. OCDE

















DEPARTAMENTO DE AVALIACIÓN