O traballo específico de avaliación supón a aplicación sistemática dun método que garanta a planificación, a recollida de información, o seu tratamento e interpretación para emitir con rigor e validez un xuízo valorativo.
Se o método constitúe o instrumento estratéxico para determinar o como actuar, as ferramentas
técnicas brindan a panoplia operativa do con que se vai proceder.
A avaliación emprega ferramentas das ciencias sociais (cuantitativas e cualitativas) e
técnicas da xerencia pública co fin de chegar ao maior coñecemento sobre a realidade que
examina.
O cometido da Axencia nesta área pretende ser orientador e non dogmático, proporcionando un abano metodolóxico para a elección por parte dos avaliadores. Así mesmo, prestarase especial atención ao desenvolvemento de novas metodoloxías que permitan un tratamento máis axeitado do ámbito complexo e multidimensional no que se desenvolven as políticas públicas.
En todo caso, a metodoloxía responderá ás seguintes premisas:
- Superación de calquera forma de dogmatismo metodolóxico.
- Incorporación, como elemento destacado da avaliación, das percepcións, opinións e
valoracións que teñan as distintas audiencias e actores claves implicados.
- Pensamento pluralista, mantendo como horizonte desexable a participación activa dos actores
claves.
- Compromiso coa utilización dos resultados da avaliación, promovendo as medidas oportunas.

DEPARTAMENTO DE AVALIACIÓN