A práctica da avaliación inclúe análises e técnicas afíns que a miúdo se confunden como o control, a análise de xestión, o seguimento, o “benchmarking”, a consultoría, a investigación aplicada ou a auditoría. Porén, a súa finalidade está indisolublemente unida aos resultados e impactos das políticas públicas cunha visión máis integral.
A avaliación diferénciase das distintas formas de control (de conformidade e de análise de xestión) polo tipo de punto de vista adoptado para apreciar a acción pública. O control e a auditoría refírense a normas internas ao sistema analizado (regras contables, xurídicas ou normas funcionais), mentres que a avaliación pretende aprehender, polo xeral, un punto de vista externo dos resultados e impactos da acción considerada e dos fins pretendidos.
A avaliación pode, non obstante, integrar a auditoría, os informes de seguimento ou o control de xestión, así como estudos sociolóxicos que afecten á realidade estudada, na medida que acheguen datos sobre os efectos que se busca medir, interpretar e valorar. A avaliación non ten por obxecto axuizar os axentes individuais que realizan a súa misión, senón promover unha cultura de responsabilidade e transparencia das accións públicas.
A avaliación diferénciase da investigación aplicada polo xuízo de valor que a caracteriza e polo
maior apuro co que debe atender os requirimentos políticos e administrativos.

DEPARTAMENTO DE AVALIACIÓN