Ministerio de Hacienda y Administraciones Públicas

Agencia de evaluación y calidad

Diminuír tamaño de letra Tamaño de letra normal Aumentar tamaño de letra
Buscador Aeval

Perspectiva histórica da avaliación

A avaliación evolucionou en diferentes etapas. Cada unha delas está marcada por un enfoque avaliador determinado e con distintas definicións. Nalgunhas delas, o peso reside máis en "medir" a acción pública que en "valorala", outras confórmanse con responder a formalidades burocráticas ou descritivas e aínda outras apuntan ao carácter transformador da avaliación nas organizacións, as políticas públicas e a sociedade.

Primeira etapa: dos inicios aos anos 60

A avaliación nace nos EEUU, cara aos anos 30, en forma de investigación sobre programas de educación e infraestruturas, se ben, a maior profusión de estudos se produce nos primeiros anos 60.

A finais desta década e coincidindo con algunhas crises de lexitimidade do Estado prodúcese unha busca activa de lexitimación do lado da ciencia e do experimentalismo que se converte no enfoque metodolóxico predominante. A avaliación era sinónimo de medición e cuantificación de resultados da xestión pública e concibíase ao servizo dos xestores.

Nos países europeos a práctica da avaliación de políticas públicas comezou a estenderse a partir da conceptualización e da aprendizaxe proveniente dos EEUU.

Segunda etapa: Dos anos 60 aos anos 70

A avaliación devén fundamentalmente unha ferramenta descritiva dos programas públicos para a resolución dos problemas sociais, en tanto que instrumento político para a reconsideración de políticas e orzamentos. O enfoque dominante respondía a unha avaliación de carácter interno á propia Administración e aos gobernos.

Terceira etapa: os anos 80

A avaliación pasa a interesarlles tamén aos Parlamentos e asimílase ao xuízo sobre as políticas e programas, centrándose non só nos obxectivos dos mesmos, senón nos impactos sociais producidos tras a intervención pública.

En Europa, a afondamento na xestión e control dos Fondos Estruturais da Comunidade Europea para o desenvolvemento e equilibrio dos seus Estados membros, propiciou o impulso dos sistemas de avaliación, estendéndose ao conxunto da sociedade civil, organizacións non gobernamentais, etc.
Na actualidade, a UE acomete a avaliación desde as máis diversas perspectivas académicas e profesionais, institucionalizándose, en maior medida, nos países do norte de Europa.

Cuarta etapa: os anos 90

A avaliación sitúase dentro dun proceso de debate orientado polos valores e intereses dos distintos actores sociais. Neste contexto, prodúcense correntes favorables á avaliación na maioría dos países da Unión Europea, xorden Institutos ou Sociedades de avaliación e desenvólvese desde hai máis dunha década un amplo movemento de coñecemento e experiencias que, introducido na nova sociedade do coñecemento, se dinamiza a través de redes de intercambio.

Contacto

DEPARTAMENTO DE AVALIACIÓN

C/Príncipe de Vergara, 108, 2ª Planta
28002 Madrid
Teléfono: 91 2732871
Fax. (+34) 91 4114171
evaluacion@aeval.es  


Agencia Estatal de Evaluación de las Políticas Públicas y la Calidad de los Servicios