O concepto de avaliación e os referentes presentados tratan de responder aos novos retos que debe abordar hoxe a avaliación: as decisións sobre políticas públicas presentan esixencias de oportunidade que requiren da celeridade nas súas respostas. Os contextos de cambios acelerados, a xestión de crises e a incerteza instan á busca de resultados operativos, dispoñibles en tempo real e, cada vez máis, no espazo virtual.
A avaliación do século XXI non se pode integrar en paradigmas burocráticos incompatibles coas novas necesidades da xestión pública. Sen perder rigor técnico, nin eficacia operativa, haberá de atender as necesidades dos decisores no momento preciso para servir, tamén, ao nivel estratéxico.
Paralelamente, esta nova dimensión da avaliación non pode perder de vista a bagaxe histórica, e o contido teórico e práctico desenvolvido ao longo do tempo, que contribuíron a configurar a avaliación como unha actividade institucional específica cunha identidade propia.

DEPARTAMENTO DE AVALIACIÓN